Celebramos o 8 de marzo, reafirmamos o noso compromiso coa construción de sociedades máis xustas, igualitarias e libres de violencias. Desde a Asociación Forgender Seal traballamos para que a igualdade de xénero sexa unha realidade nas políticas públicas locais.
A través da certificación SG CITY 50-50, impulsamos que os gobernos municipais integren a perspectiva de xénero, a interseccionalidad e os dereitos humanos das mulleres na súa xestión e en todas as súas políticas.
O 8M é un día para recoñecer os avances alcanzados, pero tamén para lembrar que a igualdade real aínda é un reto que require compromiso político, liderado institucional e acción colectiva.
Continuamos traballando, cos municipios e coa sociedade, para avanzar cara a territorios máis igualitarios, inclusivos e democráticos.
Pola igualdade, hoxe e cada día.
#8M #ConcellosIgualiarios #Igualdade