Dentro da programación de contidos do V Foro de Municipios Comprometidos coa Igualdade vamos a integrar unha mesa de debate sobre corresponsabilidade e usos do tempo, desde un enfoque de dereitos e na que participou a experta a Marta Xunqué, directora de Time Use Initiative (TUI).

TUI é unha organización internacional sen ánimo de lucro dedicada a promover o “dereito ao tempo” e o desenvolvemento de políticas de organización temporal para mellorar o benestar cidadán e a equidade social. O seu obxectivo principal é fomentar o debate público sobre como organizamos colectivamente o noso tempo, impulsando reformas que recollan non só o tempo para o traballo, o descanso e o lecer, senón tamén para os coidados e desprazamentos.

Desde Time Use Initiative, propuxo estándares públicos para garantir que o dereito ao tempo sexa real:

“Se non medimos o acceso ao tempo, perpetuamos as desigualdades. Necesitamos indicadores reais e políticas públicas valentes.”

Marta Junqué explicou a creación da Rede Catalana polo dereito ao Tempo a cal ten como obxectivo implementar unha organización do tempo máis equilibrada e xusta en Cataluña. É un punto de encontro para empresas, organizacións, actores sociais, institucións, expertos e investigadores de todo o territorio comprometidos coa transformación dos usos do tempo.

O seu obxectivo é xerar e compartir coñecemento sobre a organización do tempo con perspectiva de xénero, adaptado a cada un dos tres sectores cos que traballa: axentes sociais e produtivos, gobernos locais e comarcais, e investigación. Ademais, a súa misión tamén inclúe favorecer o intercambio de experiencias sobre transformación social, así como promover a colaboración entre axentes cataláns clave para garantir o dereito ao tempo a toda a cidadanía.

A Rede Catalana polo dereito ao Tempo pretende cumprir estes obxectivos mediante:

  • Recoller, recoñecer e promover a tarefa de todos os axentes comprometidos co dereito ao tempo no ámbito de Cataluña.
  • Fomentar a implementación de medidas específicas na organización do tempo con perspectiva de xénero, tanto ao interior das empresas e organizacións, como no ámbito local, concellos, consellos comarcais, deputacións…, promovendo os “pactos horarios” como ferramenta básica para iso.
  • Crear, intercambiar e difundir coñecementos, experiencias e boas prácticas en organización do tempo a través de accións como conferencias e formacións tanto para un público máis amplo como específico.
  • Conectando a investigación sobre o uso do tempo en Cataluña coas políticas públicas.

Junqué pechou a súa intervención poñendo o acento en tres ideas clave:

-A forma en que a cidadanía vive e se move dentro da rexión, considerando os novos patróns de emprego e os cambios nos xeitos de vida, afectan a distribución no uso do tempo.

-A importancia da Implementación e promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente, aqueas en que o tempo é un elemento de mellora.

-Apostar por seguir reducindo as diferenzas que aínda existen entre homes e mulleres. As políticas locais necesitan mellorar unha cultura de xestión do tempo desde un enfoque igualitario e corresponsable.