O Concello de San Xoán del Río, municipio certificado co Distintivo SG CITY 50-50 polo seu compormiso coa Igualdade nas políticas locais, acolleu o VI Congreso da Muller Rural en Galicia.
Este congreso nace como un espazo de continuidade, consolidación e proxección do traballo desenvolvido ao longo de 2025 nas cinco edicións do Congreso da Muller Rural celebradas en distintos territorios de España.
Tras un ano intenso de encontros, diálogo e construción colectiva, este Congreso deu un paso máis, reforzando o papel das mulleres rurais como axentes crave do desenvolvemento territorial, o liderado local, a innovación social e a cohesión comunitaria.
San Xoán de Río, un dos primeiros concellos de Galicia en certificar as súas políticas en Igualdade de xénero a través do Proxecto DIGECP, o cal conta co apoio da Unión Europea, converteuse no punto de encontro estatal, onde compartir aprendizaxes, xerar alianzas e seguir avanzando junt@s cara a un medio rural con máis oportunidades, máis visibilidade e máis futuro.

A xornada articulouse en seis grandes bloques temáticos, concibidos como espazos de reflexión, inspiración e acción, combinando relatorios marco, diálogos institucionais e mesas de experiencias reais do territorio.
O Bloque 1, centrado no liderado feminino no medio rural, abordará o papel das mulleres na toma de decisións, a gobernanza local e o impulso de políticas públicas que favorezan territorios máis xustos, sostibles e conectados. Poñerase en valor a experiencia institucional e o liderado público desde unha mirada próxima ao territorio.
O Bloque 2 estará dedicado ao emprendemento feminino rural, con especial atención aos retos económicos, financeiros e de sustentabilidade que afrontan as mulleres que deciden emprender no medio rural. Compartiranse experiencias inspiradoras e analizaranse ferramentas reais para o impulso de proxectos viables e con impacto.
O Bloque 3, enfocado en redes, colaboración e economía relacional, poñerá o acento na importancia da cooperación entre territorios, organizacións e persoas, destacando o valor das alianzas, a innovación social e a construción de ecosistemas rurais fortes e resilientes.
O Bloque 4 centrarase no sector primario e a innovación agroalimentaria, visibilizando iniciativas lideradas por mulleres que están a transformar o medio rural desde a agricultura, a gandería e a transformación de produtos locais, combinando tradición, innovación e sustentabilidade.