O pasado mes de febreiro tivo lugar o acto de Entrega do Distintivo SG CITY 50-50 pola Igualdade de Xénero do ámbito Municipal no concello de Malpica de Bergantiños (Galicia) no marco do proxecto DIGECP, o cal conta co apoio da Unión Europea.
José Manuel Pérez, o noso socio colaborador de Forgender Seal en Galicia, fixo entrega do distintivo ao alcalde da vila, Eduardo Parga e a concelleira de igualdade, Marisol Blanco.
O proxecto DIGECP establece un estándar de certificación deseñado conforme ás competencias municipais, a normativa estatal e os tratados internacionais en materia de igualdade de xénero e dereitos humanos. A través dun proceso de avaliación e certificación, os municipios obteñen o Distintivo para a Igualdade de Xénero, o que lles permitirá acceder a recursos e visibilidade como administracións comprometidas coa equidade de xénero.
O proxecto está a crear unha Rede de Municipalidades pola Igualdade de Xénero e a Corresponsabilidade nos Usos do Tempo, promovendo o intercambio de boas prácticas e a aprendizaxe colaborativa entre administracións do mundo local.
Desde o Proxecto DIGECP promovemos políticas locais que fomenten a corresponsabilidade e constrúan municipios máis xustos e sostibles. Co apoio da Unión Europea e a colaboración de INDA Iniciativas SL

Logos GAL