O Concello de San Xoán del Río, municipio certificado co Distintivo SG CITY 50-50 polo seu compormiso coa Igualdade nas políticas locais, acolleu o VI Congreso da Muller Rural en Galicia.
Este congreso nace como un espazo de continuidade, consolidación e proxección do traballo desenvolvido ao longo de 2025 nas cinco edicións do Congreso da Muller Rural celebradas en distintos territorios de España.
Tras un ano intenso de encontros, diálogo e construción colectiva, este Congreso deu un paso máis, reforzando o papel das mulleres rurais como axentes crave do desenvolvemento territorial, o liderado local, a innovación social e a cohesión comunitaria.
San Xoán de Río, un dos primeiros concellos de Galicia en certificar as súas políticas en Igualdade de xénero a través do Proxecto DIGECP, o cal conta co apoio da Unión Europea, converteuse no punto de encontro estatal, onde compartir aprendizaxes, xerar alianzas e seguir avanzando junt@s cara a un medio rural con máis oportunidades, máis visibilidade e máis futuro.
A xornada articulouse en seis grandes bloques temáticos, concibidos como espazos de reflexión, inspiración e acción, combinando relatorios marco, diálogos institucionais e mesas de experiencias reais do territorio.
O Bloque 1, centrado no liderado feminino no medio rural, abordará o papel das mulleres na toma de decisións, a gobernanza local e o impulso de políticas públicas que favorezan territorios máis xustos, sostibles e conectados. Poñerase en valor a experiencia institucional e o liderado público desde unha mirada próxima ao territorio.
O Bloque 2 estará dedicado ao emprendemento feminino rural, con especial atención aos retos económicos, financeiros e de sustentabilidade que afrontan as mulleres que deciden emprender no medio rural. Compartiranse experiencias inspiradoras e analizaranse ferramentas reais para o impulso de proxectos viables e con impacto.
O Bloque 3, enfocado en redes, colaboración e economía relacional, poñerá o acento na importancia da cooperación entre territorios, organizacións e persoas, destacando o valor das alianzas, a innovación social e a construción de ecosistemas rurais fortes e resilientes.
O Bloque 4 centrarase no sector primario e a innovación agroalimentaria, visibilizando iniciativas lideradas por mulleres que están a transformar o medio rural desde a agricultura, a gandería e a transformación de produtos locais, combinando tradición, innovación e sustentabilidade.
O Bloque 5 abordará o papel da muller rural nas políticas públicas e a comunicación, analizando como a visibilidade, o relato e a presenza nos espazos mediáticos inflúen na percepción do medio rural e na xeración de novas oportunidades.
O Bloque 6, dedicado a muller rural, visibilidade e medios, reflexionará sobre o papel da comunicación como ferramenta estratéxica para amplificar proxectos, xerar referentes e construír un relato positivo, realista e transformador do mundo rural.
O Congreso conclúo cunha mensaxe importante: o futuro do medio rural pasa polo liderado feminino, a cooperación entre territorios, a formación, a innovación e a construción de comunidades vivas e conectadas.

Tamén participaron representantes de Nacións Unidas de España baixo o liderado da súa presidenta Eva D. Castro Outeiriño, reafirmando o seu compromiso inquebrantable coas #MujeresRurales moderando unha mesa na que participaron Carmen Costas de Executivas de Galicia, Sara Rodríguez Vila de Empresarias Galicia, Maribí Álvarez de FEMURO, Olga Santos da Confederación Empresarial de Ourense, Anjhara Gómez Rodríguez da incipiente Asociación Abrandares líderes de Galicia e Isolina Raña Fraga da ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS RURAIS que xunto a Gina Hernández da Asociación Avante Ourense e a moitas outras grandes mulleres e personalidades presentes fixeron que o rural brille grazas ao camiño que estamos a transformar xuntas.
Un dos momentos máis emotivos foi a homenaxe a Carmen Quintanilla Barba, presidenta de AFAMMER, cuxa labor incansable foi clave para dar visibilidade ás mulleres rurais a nivel Internacional.
